Investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita

#salóndoMARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
3 entradas
<< Anteriores 1 Seguintes >>

Mapa Colectivo Teis Rebelde

por vr72 -- 5/9/2017 10:53:48
[gal] Mapa do barrio de Teis intervido pola vecindade no Mercado de Abastos un venres do mes de xullo pola mañá con ampla participación de mulleres do barrio.
Dispositivo activado como parte do traballo de campo da investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita.
Accede a este enlace para descargar o mapa en .pdf.


[cas] Mapa del barrio de Teis intervenido por la vecindad en el Mercado de Abastos un viernes por  la mañana con amplia participación de mujeres del barrio.
Dispositivo activado como parte del trabajo de campo de la investigación Vigo Rebelde, el metal en lucha.
Accede a este enlace para descargar el mapa en .pdf. [Ampliar]

Plan Comunitario de Teis

Entrevistas realizadas á xunta directiva do Plan Comunitario de Teis como parte do traballo de campo da investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita da que foron colaboradoras.

Entrevistados: Xenoveva Cordeiro, Eduardo García e Basilio Aragón.
Facilitadora: Adela Vázquez.
Realizador: Fon Cortizo.
[Ampliar]

A proposta / La propuesta


[gal] Vigo Rebelde, o metal en loita é unha investigación experimental para percorrer o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade de Vigo. A través desta proposta pretendemos observar e visibilizar como a cidadanía constrúe movementos sociais que vindican a sustentabilidade das súas propias vidas. Estes movementos sociais son a manifestación dun compromiso, dun afectarse polo dereito á urbe como “ese dereito a facer cidade da maneira que queremos/desexamos” (David Harvey) e como a capacidade que temos as comunidades de afectadas de tecer memorias comúns, transmitíndoas a outras xeracións dende o pasado, no presente e de cara ao futuro. ... [Ampliar]