Investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita

#salóndoMARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
2 entradas
<< Anteriores 1 Seguintes >>

Que é? / ¿Qué es?

[gal] As derivas teñen a súa orixe na teoría situacionista que Guy Debord (1958) e colegas acuñaron na Europa de fins da primeira metade do século XX e que definiron como “unha técnica de pasos ininterrumpidos a través de ambientes diversos”. É unha ferramenta que se opón ás nocións coñecidas de paseo e implica situacións psicoxeográficas, é dicir, incide nos efectos que o espazo xeográfico que habitamos e transitamos ten sobre as nosas emocións. Como nos inflúen as persoas e as experiencias coas que nos atopamos nas rúas? Neste paseo inusual, as acompañantes déixanse levar polo espontáneo e expresan o que sinten nos acontecem... [Ampliar]

Que é? / ¿Qué es?

[gal] Os mapeos colectivos ou cartografías sociais facilitan a análise dun territorio específico, facendo visibles problemáticas concretas que están afectando ás persoas e ás prácticas que sosteñen a súa vida en común.

Para mapear empréganse preguntas guía e códigos de cores (vermello/amarelo/verde/azul) en relación a temáticas concretas que nos invitan a ollarnos nos nosos contextos e a practicar outra maneira de ver o espazo social que habitamos, transitamos e no cal nos relacionamos.

“A cartografía non so describe dende o obxectivo e o subxectivo, senón que fai ver aquilo que pasa desapercibido, carente de articulación ou sentid... [Ampliar]