Investigación experimental Vigo Rebelde, o metal en loita

#salóndoMARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
2 entradas
<< Anteriores 1 Seguintes >>

Mural Empacadora/Xosé Guillermo

[gal] Case ao final do proceso desta investigación recuperamos o contacto cunha amiga, Rita Bouvy, quen nos escribiu para compartirnos información valiosa sobre o mural que o artista Xosé Guillermo pintara no ano 1994 con veciños de Teis sobre o conflicto da empacadora, e do que hoxe só queda unha pequena pegada do que foi na Avenida Guixar.

Rita púxonos en contacto con Maruchi e a Fundición Nautilus, quen gardaba con moito cariño un arquivo fotográfico de diapositivas do proceso de creación do mural nos anos 90, a festa de inauguración, etc.

Deste encontro fermoso xurdiu unha maxia desas que flúen coa vida, coa sensibilidade, coa empatía e Maruchi, Rita e Adela comezaron a arga... [Ampliar]

A proposta / La propuesta


[gal] Vigo Rebelde, o metal en loita é unha investigación experimental para percorrer o pasado, presente e futuro das subxectividades situadas/relacionadas coa industria do metal na cidade de Vigo. A través desta proposta pretendemos observar e visibilizar como a cidadanía constrúe movementos sociais que vindican a sustentabilidade das súas propias vidas. Estes movementos sociais son a manifestación dun compromiso, dun afectarse polo dereito á urbe como “ese dereito a facer cidade da maneira que queremos/desexamos” (David Harvey) e como a capacidade que temos as comunidades de afectadas de tecer memorias comúns, transmitíndoas a outras xeracións dende o pasado, no presente e de cara ao futuro. ... [Ampliar]